11 bit studios decide apostar por estudios valencianos para os seus vindeiros proxectos

11 bit studios decide apostar por estudios valencianos para os seus vindeiros proxectos

Un dos estudios máis importantes no panorama indie é 11 bit studios. Os responsábeis de levar ao mercado obras como This War of Mine ou Frostpunk veñen de publicar os seus resultados trimestrais e o balance é tremendamente positivo. Cuns ingresos de 6,8 millóns de euros e 3,2 millóns en beneficios, a compañía polaca firma o seu segundo mellor Q2 de toda a súa historia.

Non só de crear os seus propios videoxogos vive a empresa, senón que grazas á súa faceta como editora investirá 21 millóns de dólares en sete títulos. A maior parte desta cifra —15,1 millóns— irá destinada a financiar os seus tres títulos internos, cuxos nomes en clave son Eleanor, Dolly e Project 8.

O montante restante terminará en catro xogos. Project Vitriol é o proxecto no que está a traballar Fool’s Theory, mentres que o resto do orzamento estará destinado a estudios afincados na Comunidade Valenciana. Dixital Sun Games, responsábeis de Moonlighter, atópanse aplicando esforzos en sacar adiante os xogos denominados como Project Botin e Project Foxhole.

Doutra banda, Inverge Studios e Chibig Studio, autores de Effie e Summer in Mara respectivamente, traballan en conxunto nunha obra que conta co nome provisional de Ava e verase beneficiada por esta achega económica de 11 bit studios.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados