Zona retro 80’s Overdrive, o xogo de condución retro, chegará a Nintendo Switch

80’s Overdrive, o xogo de condución retro, chegará a Nintendo Switch

Lanzado para Nintendo 3DS no ano 2017, 80’s Overdrive chegará a Nintendo Switch o vindeiro 7 de maio da man de Insane Code e cun prezo inferior aos 10 euros. Trátase dun xogo de carreiras en 2D que pretende chamar a atención da audiencia máis nostálxica grazas á súa estética retro e con deseños característicos das consolas de 8 e 16 bits.

Entre as diferentes modalidades de xogo atópanse o modo Carreira que permitirá desbloquear novos tipos de coches, compralos ou mesmo melloralos no taller. Tamén se inclúe a posibilidade de xogar a Time-Attack, que funciona como un modo contrarreloxo. Alén disto, o editor de pistas estará dispoñíbel para circuítos de noso e así poder compartilos con toda a comunidade. A todo isto súmanse seis coches de inicio e até oito circuítos con temáticas distintas para cada un deles.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.