Actualidade Só quedan tres prazas no Máster en Creación de Videoxogos coruñés

Só quedan tres prazas no Máster en Creación de Videoxogos coruñés

O primeiro máster en creación de videoxogos de A Coruña abrirá as súas portas este venres 26 de outubro na EBF (European Business Factory). Ao longo dun ano, os estudantes matriculados aprenderán a desenvolver videoxogos, deseño artístico, xeración de ideas, marketing e empresa a través da metodoloxía KAOSPILOT. O obxectivo é que empecen sendo alumnos e acaben dando forma ao seu primeiro videoxogo grazas a un estudo tutelado polos profesores, para logo transformalo no seu TFM.

As prazas voaron e a día de hoxe tan só quedan tres dispoñibles para todo aquel que queira cursar esta opción académica. Segundo apuntan dende a súa dirección, o obxectivo non é outro que ensinar a pensar no videoxogo en conxunto, e está orientado a persoas que estudaron ou desenvolveron a súa vida laboral fóra do mundo dos videoxogos pero que agora queren mergullarse nel. Non importa a túa idade, nunca é tarde para aprender.

As clases mesturarán historia da industria dixital, con traballos con Unreal, creación de guión ou música. Será en horario de fin de semana. Se precisas máis datos, podes consultar aquí mesmo a súa páxina.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.