Actualidade Ghostwire Tokyo sairá o 25 de marzo, segundo PlayStation Store

Ghostwire Tokyo sairá o 25 de marzo, segundo PlayStation Store

A nova obra de Shinji Mikami, Ghotwire Tokyo, sairá, segundo o indicado pola PlayStation Store, o 25 de marzo. Podería dicirse que é unha filtración oficiosa, pois saíu da propia tenda de Sony. O título de Tango Gameworks atrasouse en xullo do ano pasado e só fixou unha xanela de lanzamento para «principios de 2022».

Sexa como for, desde a compra por parte de Microsoft de Bethesda, Sony non soltou demasiada información sobre Ghotwire Tokyo, polo que poderiamos sospeitar da retransmisión dun State of Play máis pronto que tarde.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.