Actualidade
Podcast :: A gruta de Gizamaluke – Capítulo 10
Chegamos ás dúas cifras! A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da gruta de Gizamaluke. Luns, día de gruta, día de radio.
Hoxe falamos das novas máis importantes dos últimos días.
– Os posibles DLC de Resident Evil 2
– O TFM convertido en videoxogo dos estudiantes da EBF
– Fortnite e o branqueo de cartos
– A beta pechada de Mortal Kombat 11 exclusiva para PS4 e XBox One
Tamén entrevistamos a Marcos González, presidente da asociación Gaming Troop de Pontevedra.
Por último, Sara Orozco repasa nunha ampla reportaxe a historia de Kingdom Hearts. Pronto teremos a nova entrega!