Actualidade O creador de Celeste comparte os seus primeiros niveis de Super Mario Maker 2

O creador de Celeste comparte os seus primeiros niveis de Super Mario Maker 2

O creador de Celeste, Matt Thorson, compartiu unha pequena listaxe cos niveis que creou estes últimos días usando Super Mario Maker 2, o título que vén de ver a luz en Nintendo Switch.

O responsable dun dos títulos independentes máis aclamados de 2017, nominado ao GOTY, non perdeu o tempo estes días e grazas ao editor de niveis de Nintendo creou e publicou a súa propia visión de Super Mario a través da súa conta de Twitter. No seu día, Thorson chegou a crear máis de cincuenta niveles para o primeiro Super Mario Maker de Wii U.

Se queres botarlle un ollo ás súas creacións podes buscar o seu perfil público mediante a ID JVY-3W4-11H, e ver todo o contido que foi creando (e que creará).

A continuación, tes a lista dos niveis compartidos e os seus códigos:

  • Banzai Bounce: Q43-GXB-WHG
  • Desert of Despair: H8K-3B9-WDG
  • Starlight Shells: PHP-GYT-VJG
  • Shrine of the Sacred Stiletto: 5YG-7DN-PGG

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Skiuv
    • En: 06 de July de 2019

    Probei o de Banzai Bounce e non hai maneira, é un pouco sádico ese nivel xD