Actualidade Yakuza 7 xa é oficial e… será un RPG!

Yakuza 7 xa é oficial e… será un RPG!

Aos poucos, a saga Yakuza foi gozando dun recoñecemento merecido tamén en Occidente. A nova entrega, protagonizada de novo por Ichiban Kasuga e anunciada a súa existencia en marzo, resultou ser Yakuza 7. SEGA revelou diversos detalles sobre o videoxogo durante unha rolda de prensa en Xapón. O seu lanzamento? O 16 de xaneiro do próximo ano, no país asiático.

Sen dúbida, se hai un elemento novo que destacará por encima de calquera outra cousa neste novo capítulo será o do combate, puro RPG. As loitas realizaranse por quendas en tempo real. Soa raro? Pode, pero loce espectacular no adianto audiovisual feito público. Ichiban Kasuga viaxará a unha recreación de a cidade de Yokohama que é tres veces máis grande que a Kamurocho que coñece. O protagonista regresa a esta cidade tras 18 anos en prisión, para logo chegar e descubrir que o seu xefe foi asasinado.

Por suposto, o título de SEGA estará presente na Tokyo Game Show 2019, polo que é posíbel que a compañía achegue novos detalles sobre a súa historia e xogabilidade neste escenario. Con data fixada en Xapón, chegará a Estados Unidos ao longo do 2020. Porén, de Europa nada se sabe.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.