Actualidade Halloween vívese de xeito especial en Dead by Daylight

Halloween vívese de xeito especial en Dead by Daylight

Mantendo a tradición, Dead by Daylight vivirá o terror de Halloween de xeito moi intenso. Behaviour Interactive vén de presentar o evento anual co que quere celebrar unha festa moi habitual no mundo dixital, con multitude de títulos realizando especiais de seu.

O evento leva por nome Withering Blight e poderá ser gozado a partir do próximo 22 de outubro; finalizará o 1 de novembro. Durante estas datas, os usuarios obterán tres obxectos diferentes nas partidas: Will’O Wisp Flashlight, All Hallows’Eve Lunchbox e Pustula Petals Offering.

Os Pustula Petals desaparecerán unha vez remate o evento, pois provocan algúns cambios no mapa durante as partidas. Como asasinos, aparecerán ganchos adicionais; como sobreviventes, recibiremos máis bloodpoints. Tamén haberá novos retos nos arquivos e cosméticos especiais.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.