A-17 prepárase para saltar ao ring
Dragon Ball FighterZ enfila o final da súa tempada e confirma que a última incorporación xogable á súa plantilla de loitadores será o androide A-17. Pode non ser unha sorpresa, xa que diversas filtracións apuntaban a que Cooler ademais do androide serían as derradeiras personaxes en chegar ao título de Bandai Namco este ano.
O irmán de A-18 terá o aspecto que presenta na última tempada de Dragon Ball Super. A súa relevancia nesta nova época do anime xaponés puido ser reveladora para a súa incorporación oficial ao xogo de loita. Por outra banda, tamén conta cunha popularidade bastante alta entre o público asiático.
Como é de esperar, o androide terá unha serie de movementos especiais xa vistos ao longo da serie como a Barrier Explosion. Parece un loitador especialmente áxil, cun bo equilibrio entre o combate aéreo e sobre terra. Tocará ver o partido que lle sacan os profesionais unha vez aterre nas consolas e PC.
Só um apunte. Na dobraxe en galego (a mellor, sen dúbida) o androide era C-17, non sei de onde ven o C, pero A-17 non me sona nada ben. jajaja
Tes razón! Problemas de ver na actualidade as versións orixinais!
O C-17, C-18 en realidade non sei de onde veñen, foron adaptacións ao castelán e ao galego. Aquí simplemente collín a A, para abreviar Androide.