A Analogue Pocket fixa o seu lanzamento ao mercado para maio do 2021

Puidemos coñecela a finais do ano pasado, pero é agora cando temos unha data exacta para a súa comercialización. A Analogue Pocket semella ser unha Game Boy, pero en realidade é un híbrido retro que consegue mesturar diversos sistemas amais da súa evidente inspiración na consola dos noventa, como Atari Lynx, Neo Geo Pocket ou Sega Game Gear. Sairá durante o mes de maio do 2021.
Esta consola poderá reproducir calquera título desenvolvido para a lendaria portátil Nintendo. Terá un prezo base de 199,99 dólares, en branco ou en negro, malia que tamén podemos mercar accesorios como o dock de conexión para televisión, que permitirá xogar nun monitor vía HDMI. Este trebello custará 99 dólares.
A Analogue Pocket psuirá unha pantalla LCD de 3,5″ e terá unha resolución de 1600×1440 —con software para un escalado adecuado— e unha tasa de refresco variábel, o que permitirá mostrar os xogos de cada consola dun xeito ideal. Alén do xogo puro, a futura máquina permitirá gravar e compoñer música grazas a un software especial chamado Nanoloop que poderá ser utilizado xunto cun PC ou Mac.
Pocket pre-orders will open August 3rd, 2020 8am PST. Pocket is shipping May 2021. Limit 2 per order.
Head to https://t.co/AHl6AiJr5Y for unannounced features & details, new accessories, small design changes, pricing & an FPGA developer program.
MANY announcements below: pic.twitter.com/mCK6FYxzCS
— Analogue (@analogue) July 27, 2020