Actualidade A aventura oriental de Xuan-Yuan Sword VII aparece nun novo adianto

A aventura oriental de Xuan-Yuan Sword VII aparece nun novo adianto

Unha das obras máis descoñecidas que aínda reserva o 2020 é Xuan-Yuan Sword VII. Unha interesante proposta que ten como protagonistas aos mohistas, unha tribo illada do mundo enteiro, pero que utiliza tecnoloxía moi avanzada. Porén, co paso dos anos algúns membros deciden saír do seu agocho.

Grazas a unha presenza visual moi potente, Xuan-Yuan Sword VII presenta un novo tráiler co que podemos facernos unha mellor idea do que nos espera neste RPG de acción ambientado na antiga China. Sen data concreta de lanzamento, o título chegará a PC, PS4 e Xbox One cos textos traducidos ao inglés e chinés, polo que non parece que haxa plans de localizalo ao castelán.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.