Actualidade A beleza gráfica de Baldo déixase ver por primeira vez

A beleza gráfica de Baldo déixase ver por primeira vez

Hai xogos que entran polos ollos, e Baldo ten todas as papeletas para ser un deses títulos onde beleza e animación combínanse de maneira soberbia. Con referencias gráficas a Studio Ghibli e elementos de acción e aventura tipo The Legend of Zelda, Naps Team vén de presenatar ao mundo o primeiro adianto do seu novo proxecto.

Baldo chegará a PC, Xbox One, PlayStation 4 e Nintendo Switch nun futuro próximo, aínda que non hai unha data fixa para marcar no calendario. O estudio italiano fai uso dun cel-shading moi ben depurado e que tamén lembra a outros referentes do xénero RPG, como Ni no Kuni.

Segundo o amosado no adianto, viaxaremos por diferentes escenarios e ambientacións, confrontando inimigos que nos sairán ao paso para evitar o noso avance. Por sorte, todo parece indicar que teremos aliados, polo menos en certos momentos, que nos axudarán a seguir o noso camiño. O protagonista ao que controlaremos terá diversos poderes, como a capacidade de facerse invisible e así pasar inadvertido polo escenario.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *