A beta aberta de Battlefield 2042 será aberta en dez días
Electronic Arts fixou de forma oficial as datas para que gocemos da beta aberta de Battlefield 2042. A posibilidade de probar o novo título de DICE ocorrerá entre os días 8 e 9 de outubro.
As reservas do xogo e a subscrición a EA Play dan acceso a dous días máis de beta, concretamente o 6 e 7 de outubro, mais en ambos os dous casos a beta comezará ás 09 horas.
Que poderás facer durante a beta? Xogar ao modo Conquista no mapa Orbital. Teremos catro especialistas dispoñíbeis para tal asunto: Webster Mackay, Maria Falck, Pyotr Guskovsky e Wikus Van Daele.
O xogo completo ía ser lanzado en outubro, pero finalmente verá a luz o 19 de novembro en PC, PS4, PS5, Xbox One e Series X|S. Require de bastante potencia en PC, todo sexa dito, e só nas consolas de nova xeración —ademais de en ordenador— estarán habilitadas as partidas de máis de 120 xogadores.