A beta aberta de Legends of Runeterra fixa a súa estrea

Quedaches sen invitación para a beta pechada de Legends of Runeterra? Non hai problema. Riot vén de fixar o lanzamento da beta aberta: o próximo 24 de xaneiro ás 20 horas. Trátase do xogo de cartas baseado no universo de League of Legends.
Todo aquel que participase na anterior poderá acceder a esta nova versión un día antes, o 23 de xaneiro. Que necesitas se es novo no xogo? Simplemente crear unha conta na web oficial do xogo. É posíbel destacar que todo o que consigas ao longo desta beta manterase na versión final do título, que aínda se descoñece cando se instaurará.
Dentro das novidades que inclúe esta nova estrea está o modo clasificatorio e unha nova economía que permitirá aos xogadores sacar máis rédito aos puntos obtidos por finalizar as partidas. A moeda oficial do título seguirá sendo independente á de League of Legends, os Riot Points. Ademais, tamén se engadirán novos taboleiros e gardiáns.