Actualidade A beta de Among Us apunta a diferentes novidades de cara ao futuro

A beta de Among Us apunta a diferentes novidades de cara ao futuro

A beta de Among Us en PC é o territorio no que os seus desenvolvedores comproban que clase de melloras poden introducir no título. InnerSloth publicou un novo parche que dá pistas sobre posibles modificacións de cara ao futuro. A máis importante é a posibilidade de votar ao impostor de forma anónima, polo que os momentos de discusión poden ser máis acalorados aínda.

No apartado de accesibilidade tamén se prometen avances. O equipo traballa para que o minixogo dos cables de cores diferentes poida ser apto para persoas con daltonismo ou problemas oculares. Ademais, a barra de tarefas poderase personalizar de tres formas distintas: fixala en pantalla, agochala ou que apareza unicamente durante as reunións.

Por último, a necesidade duns mellores servidores será atendida, así como a implementación dun sistema de amigos e un novo mapa baseado en Henry Stickmin, outra das obras creadas por InnerSloth. Todos estes engadidos poderían non superar o corte e ser finalmente incluidos en Among Us.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.