A beta pechada de Mortal Kombat 11 só estará dispoñible en Xbox One e PlayStation 4
Tralo evento oficial de presentación de Mortal Kombat 11, anunciouse que as reservas do título de loita outorgarían acceso a unha beta previa ao seu lanzamento oficial. O 28 de marzo, todo aquel que xa teña o xogo, poderá adiantar un mes o ter contacto directo cos seus combates, xa que este verá a luz ao completo o 23 de abril. Agora ben, a beta só estará dispoñible en PlayStation 4 e Xbox One, obviando as versións de PC e Nintendo Switch.
La sección de confirma este hecho, así como recomienda seguir las redes sociales del juego para futuras informaciones, como conocer el número de personajes jugables en el adelanto.
A sección de preguntas e respostas da páxina oficial confirma este feito, así como tamén recomenda seguir as redes sociais do xogo para futuras informacións, como coñecer o número de personaxes xogables no adianto.
O texto vén dicir que “a versión beta de Mortal Kombat 11 permitirá aos xogadores que a adquiran na pre-venda acceder a unha demo de Mortal Kombat 11 antes de que se lance oficialmente o xogo. A versión beta só estará dispoñible para PlayStation 4, PlayStation 4 Pro, Xbox One e Xbox One X””
Dende NetherRealm Studios quíxose restar importancia a este feito. Sinalan que a versión para computador non sufrirá os mesmos problemas que si tivo o anterior xogo da franquía, sendo esta unha conversión á altura do esperado polos usuarios. QLOC foi a compañía encargada desta versión para PC, un estudio polaco especializado neste tipo de labores e cun currículo que fala por si só, ao conter os ports de DmC e a triloxía de Dark Souls para ordenador.