A Biblioteca Nacional do Estado quere conservar videoxogos

A Biblioteca Nacional do Estado quere conservar videoxogos

A industria do videoxogo e o seu recoñecemento como industria cultural non pasou inadvertida para o actual Goberno e as diversas institucións que funcionan en España. Ao longo do último ano, houbo varios achegamentos e declaracións a favor da súa importancia e a necesidade de recoñecemento. Hoxe, El País publicou unha extensa reportaxe sobre a posibilidade de que a Biblioteca Nacional de España (BNE) comece a custodiar tamén este patrimonio. Trataríase dun enorme paso cara a reivindicación do videoxogo como obra cultural.

Ana Santos, directora da institución, enviou xa unha proposta a Javier García Fernández, subsecretario en funcións do Ministerio de Cultura e Deporte, para regular a conservación de diversos novos formatos: videoxogos, páxinas web, carteis de propaganda electoral ou marcapáxinas. A idea sería incluílos durante a reforma da Lei de Depósito Legal de 2011, que se levará a cabo máis pronto que tarde.

A industria española destacou a nivel internacional nos últimos anos pola calidade dos títulos publicados.

Ora ben, a lei renunciará tamén ao almacenamento doutras microformas como pasatempos, sudokus e sopas de letras. Na actualidade, a BNE non pode conservar videoxogos debido a unha interpretación da amentada lei, que obriga a entregar copias á institución só a editores españois. Como saberás, son unha minoría no tecido empresarial.

Polo momento, e para mellorar este último punto, xa se iniciaron conversacións coa Asociación Española de Videoxogos (AEVI) para comezar a traballar en prol deste patrimonio cultural.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados