A choiva caerá sobre Gran Turismo Sport na súa nova actualización

Tardou un par de anos en chegar, pero a partires deste 27 de xuño os xogadores verán como cae auga do ceo sobre os circuítos de Gran Turismo Sport. O título de Polyphony Digital actualizarase este xoves para incluír unha das mecánicas máis solicitadas polos amantes deste videoxogo.
A obra orixinal, lanzada en outubro de 2017, carecía desta inclemencia meteorolóxica, algo estraño nun xogo de condución con tal orzamento e nome. Coque López, coñecido xogador profesional, explica no vídeo presentación como afectará a auga á condución, así como tamén se pode apreciar o xenial que loce a auga sobre o asfalto. Os limpaparabrisas ao fin cumprirán coa súa función.
Gran Turismo Sport foi contando con actualizacións regulares ao longo dos dous últimos anos. A última, en abril, incluíu novos coches sen a obriga de pasar por caixa.
non tardaron nin nada