A conta de Twitter de Mafia revive case dous anos despois

A última mensaxe da conta oficial de Mafia en Twitter publicouse o 24 de agosto de 2018. Até onte. Semella que a franquía ten algo novo que dicir, e comezou cunha simple palabra: «Family». Hai un novo xogo en camiño? Algún anuncio oficial? Polo momento, só silencio e hipóteses.
Family.
— Mafia Game (@mafiagame) May 10, 2020
Nin Take-Two Interactive nin 2K Games quixeron desvelar ningún dato. Con todo, a compañía responsábel da marca si realizou algúns rexistros relacionados con Mafia meses atrás. Existe, ademais, algunha información vinculada con Hangar 13, creadores de Mafia 3, por mor dunha oferta laboral na que informaban que estaban a traballar nun xogo triplo A de mundo aberto.