A conta oficial de Crysis rompe o seu silencio cunha prometedora mensaxe
Máis de tres anos despois desde a súa última publicación, a conta de Twitter de Crysis volve retomar a súa actividade. A mensaxe que amosa non pode levantar maior expectación: un conciso «recibindo datos» serviu para que a comunidade comezase a teorizar sobre unha nova entrega da franquía de Crytek.
Após a aparición dun video sobre as virtudes do desenvolvemento co motor gráfico CryEngine, as posibilidades para barallar teorían comezan coa idea dun remake do primeiro título e van até un reinicio total da saga. Crysis 3 foi a última entrega da triloxía e chegou en 2013 distribuído por Electronic Arts, polo que podería ser unha aposta para unha posta a punto para a nova xeración. O único seguro é que haberá que ter paciencia até coñecermos máis información.
RECEIVING DATA
— Crysis (@Crysis) April 13, 2020




