A Coruña vivirá a súa primeira gran cita cos videoxogos e os eSports en setembro

Good Game Experience, así foi bautizado o primeiro gran evento de videoxogos e eSports que A Coruña poderá vivir en primeira persoa. Celebrarase en setembro, funcionando o coñecido edificio da Fundación Barrié, no Cantón Grande, como o seu espazo vital.
A cita combinará tanto a parte profesional do lecer interactivo, procurando reunir á maioría de membros da industria galega do videoxogo; e tamén a súa parte competitiva, con torneos presenciais de títulos como FIFA 20 ou Smash Bros. Ultimate. Tamén se habilitará unha exposición retro para os máis nostálxicos e para todos aqueles que queiran coñecer o pasado histórico do medio.
O evento contará coa colaboración destacada do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), centro especializado no desenvolvemento e implementación de solucións innovadoras baseadas na combinación de ferramentas tecnolóxicas de dixitalización e técnicas de intelixencia artificial. Tamén colaboran no evento o medio especializado en videoxogos Vandal e a clínica coruñesa Optimme, entre outros