Actualidade A escuridade chega a Fortnite coa súa sexta tempada

A escuridade chega a Fortnite coa súa sexta tempada

A sexta tempada de Fortnite xa está aquí e vén cargada de novidades de todos os tipos. Durante os últimos días e desde que o cubo desapareceu en Balsa Botín o tráiler de lanzamento da nova entrega confirma cambios nesta ubicación, baixo o título “Darkness rises“.

Xa se pode mercar o novo pase de batalla na tenda de Fortnite. Inclúe, entre outras cousas, as sete skins protagonistas desta tempada, entre as que destacan unha vaqueira, un lobo ou unha muller con cabeza de tomate. Ademais, agora é posible levar mascotas contigo. Fóra das novidades estéticas, tamén hai cambios no mapa, engadindo un novo castelo por exemplo.

Outras das novidades son a eliminación certas armas e útiles, como os explosivos remotos e as camas elásticas. Por outra banda, aparecen no mapa as pedras de sombra, que permitirán ao xogador facerse invisible durante uns intres. Espéranse máis novas nos próximos días de cara á campaña de Halloween do videoxogo de Epic Games.

1 Comentario
    • Pastel de carne
    • En: 27 de Setembro de 2018

    Malia que non son eu gran fan do fortnite, teño que admitir que a sua estratexia de ter un mapa “vivo” é moi interesante, e da un aliciente a aqueles que non ven sentido a xogar sempre o mesmo mapa unha e outra vez, porque ademáis teñen un mapa bastante pequeno comparado co PUBG. Pero estes últimos só añadiron un par de zonas que tiñan vacías con anterioridade…

    Teñen moito que aprender uns dos outros.

    Responder
Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *