Actualidade A estética cómic de XIII volverá a lucir nesta xeración en novembro

A estética cómic de XIII volverá a lucir nesta xeración en novembro

Un dos clásicos máis queridos da sexta xeración foi XIII, un título que apostaba por un apartado artístico baseado no mundo do cómic e que xunto coas súas mecánicas de shooter narraba unha aventura digna das mellores salas de cinema. Anunciado o ano pasado por Microids, finalmente xa sabemos que o 10 de novembro poderemos gozar do remake do xogo de 2003 para PC, Xbox One, PS4 e Nintendo Switch.

A obra sitúanos na pel de XIII, un home sen identidade cuxo tatuaxe con ese número e unha chave numerada son os únicos recordos do seu pasado vinculado á morte do presidente dos Estados Unidos. Unha campaña individual composta por 34 niveis será o aliciente principal xunto coa inclusión dun modo multixogador. A estética utilizada en XIII está baseada na serie de novelas gráficas belgas nas que se inspira o xogo, polo que podemos esperar recursos visuais pouco explotados na industria.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.