A etiqueta de exclusivo para PS4 de God of War desaparece na web oficial

A etiqueta de exclusivo para PS4 de God of War desaparece na web oficial

A etiqueta de exclusivo de Playstation 4 é unha distinción máis que habitual dentro das obras publicadas por Sony nos Estados Unidos, aparecendo esta na súa páxina web oficial. Horizon: Zero Dawn, por exemplo, perdeuna tamén hai uns días ao confirmar o seu lanzamento en PC para este 2020. Chegará tamén God of War a outros sistemas? Podería ser, pois a súa etiqueta tamén vén de desaparecer.

Por suposto, non houbo confirmación ou comentario algún por parte dos responsábeis do seu desenvolvemento ou publicación, pero a dúbida xa foi sementada. Foi DualShockers o primeiro medio en difundir o posíbel cambio de rumbo no referente á exclusividade de God of War, sen dúbida, un dos títulos máis importantes do 2018, por non dicir indispensábel. Os comentarios en redes non tardaron en chegar.

Alén de toda dúbida, o propio presidente de Sony Worlwide Studios, Hermen Hulst, sinalou hai uns días que o desembarco de exclusivos de PlayStation 4 en PC non ía ser algo habitual nin moitos menos un asunto para ocorrer no cento por cento dos casos. Haberá que esperar para ver se esta reinvención da vida de Kratos tamén vai máis aló da máquina negra.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados