Actualidade A expansión do coronavirus xa afecta aos plans de futuro das compañías

A expansión do coronavirus xa afecta aos plans de futuro das compañías

Desde o comezo da crise do coronavirus, unha das grandes preocupacións dentro da industria do videoxogo recaeu sobre das datas de lanzamento dos títulos. Xa son varias as compañías que se pronunciaron sobre os seus futuros produtos, entre elas Microsoft, a cal asegura que a situación sanitaria está a supoñer un auténtico desafío. Tamén Capcom indicou que Resident Evil 3 sufrirá problemas na súa distribución física, do mesmo xeito que Square Enix con Final Fantasy VII Remake.

O COVID-19 parece que tamén pode alterar os plans de Nintendo. Durante o último Nintendo Direct Mini, a compañía xaponesa mostrou datas orientativas para as súas obras como Bravely Default II, Xenoblade Chronicles: Definitive Edition ou No More Heroes III. Mentres Sony apunta, desde o seu blogue oficial, que os peches de fábricas en China poderían afectar á súa axenda. «As restricións de movemento de persoas dificulta o envío de enxeñeiros a plantas de fabricación, tanto en China como no sueste asiático», aclara Sony.

A crise do coronavirus expón un escenario inédito para as compañías.

A empresa tenta transmitir unha mensaxe de tranquilidade, xa que se atopa «monitoreando o risco de atrasos nos cronogramas de produción de títulos». Algúns dos xogos que se poderían ver afectados serían Ghost of Thushima ou The Last of Us Parte II, programados para o 26 de xuño e o 29 de maio, respectivamente.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.