Actualidade A forxa, primeiro DLC de Shadow of the Tomb Raider

A forxa, primeiro DLC de Shadow of the Tomb Raider

É o primeiro dos sete novos contidos descargables de Shadow of the Tomb Raider, a derradeira entrega da triloxía que configurou o renacemento de Lara Croft. Todo aquel que teña o pase de tempada (29,99 €) terá acceso inmediato a el. Non o tes? Non preocuparse. Podes tamén adquirir o novo capítulo por separado (4,99 €) en caso de querer ampliar a experiencia do título orixinal.

Na Forxa, a arqueóloga máis famosa da historia deberá descubrir os segredos de Kuwaq Yaku. Un lugar sombrío e repleto de lava no que Lara enfrontarase a máis dun perigo descoñecido, así como tamén tratará de desvelar os detalles dunha antiga amizade e o seu legado.

Dentro deste DLC inclúese a presenza dunha nova tumba de desafío que pode ser xogada en solitario ou en cooperativo. Nela adquíreese a habilidade granadeira, a vestimenta de Brocken e a arma Resentimento 3-80.

Sendo este o primeiro dos sete capítulos restantes que completarán Shadow of the Tomb Raider, a seguinte parada chegará en decembro e terá por nome O alicerce. Dentro do xogo principal, as tumbas ‘Corte da morte’ e ‘Porta de Xibalbá’ poderanse completar nos modos Reto de puntuación e Contrarreloxo, os días 13 e 27 de novembro, respectivamente.

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *