Actualidade 4 de maio :: A Forza está con Steam e os seus descontos

4 de maio :: A Forza está con Steam e os seus descontos

Poida que non o saibas, pero hoxe, 4 de maio, é o día de Star Wars. Unha celebración internacional que xorde do xogo de palabras en inglés May the fourth (Force) be with you, e que xa se instaurou como un asunto de carácter oficioso.

Durante os próximos días e até o 7 de maio, a plataforma de venda de videoxogos de Valve contará con diversos descontos ao redor das obras relacionadas coa franquía galáctica, incluíndo a súa última gran achega a este mundo dixital, Star Wars Jedi: Falen Order, que contará cun 40 % de desconto. A listaxe completa de ofertas, que podes consultar aquí, ofrece ofertas tan interesantes como estas:

  • Star Wars: Battlefront 2 (2005) – 2,86 euros
  • Star Wars: The Force Unleashed – Ultimate Sith Edition – 5,87 euros
  • Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy – 2,86 euros
  • Star Wars: Knights of the Old Republic – 2,86 euros
  • Star Wars: Knights of the Old Republic II – 2,86 euros
  • Star Wars: The Force Unleashed II – 5,87 euros
  • Star Wars Jedi Knight II: Jedi Outcast – 2,86 euros
  • LEGO Star Wars: The Complete Saga – 4,19 euros
  • Star Wars Classic Collection – 15,44 euros
  • Star Wars Jedi Knight Collection – 7, 50 euros
  • Star Wars Complete Collection – 63,63 euros

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.