A Gamescom 2020 será a través de eventos en liña por mor do coronavirus
Un dos principais focos de resistencia fronte a cancelación do seu propio evento foi a Gamescom. A feira máis importante de videoxogos en toda Europa confirmou que este ano se celebrará unicamente en formato dixital. Optouse por esta medida após a decisión do goberno alemán de decretar a cancelación de grandes eventos até o 31 de agosto.
Sen coñecer aínda en que consistirá o novo evento dixital, o certo é que a organización xa tiña plantexado potenciar o apartado en liña grazas o Gamescom Opening Night Live. No chío que a conta oficial publicou para realizar este anuncio, agardan poder proporcionar mais información para coñecer detalles dos seus plans de futuro.
❗ Even though not all details are known at present, the nationwide ban on major events until the end of August will also affect the planning for #gamescom2020. Furthermore: gamescom 2020 will definitely take place digitally! We will provide further information shortly. ❗
— gamescom (@gamescom) April 15, 2020




