Actualidade A Gamescom 2021 descarta facer un evento físico e opta por un formato dixital

A Gamescom 2021 descarta facer un evento físico e opta por un formato dixital

Seguindo os plans doutras citas similares do sector, a Gamescom 2021 só poderá ser vivida de xeito virtual. Así quixeron confirmalo os seus responsables a través de su página web, que, nun principio, tiñan a idea sobre a mesa de realizaren unha cita dacabalo entre o físico e o online.

A Asociación Alemá da Industria dos Videoxogos tomou esta decisión após «longas conversacións cos seus socios e compañías». A situación sanitaria no país xermánico é a que é e o coronavirus continúa a ser un problema co que é case imposible compaxinar eventos desta clase.

O plan agora é o seguinte: empresas e usuarios vivirán a experiencia da Gamescom desde as súas oficinas e os seus fogares. Será un evento dixital totalmente gratuíto, polo que calquera poderá seguilo simplemente desde a retransmisión oficial —ou os miles de canles que se farán eco da cita—.

Iso si, as datas, polo momento, permanecen invariables, fixando o 25 de agosto como o día escollido para o inicio do Opening Night Live dirixido polo xornalista Geoff Keighley, coñecido por ser o creador dos Game Awards.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.