A moda dos battle royale chega ao Monopoly

Xa é oficial, Fortnite pasará a formar parte dunha das listas máis elitistas do planeta: videoxogos co seu propio Monopoly. Só Skyrim, Super Mario e Martio Kart posúen a súa propia versión do Monopoly.
Epic Games e Hasbro veñen de anunciar o lanzamento en outubro dunha nova versión do xogo de mesa inspirado en Fortnite: Battle Royale, o último fenómeno da industria dos videoxogos. Este novo modelo incluirá deseños sacados do título de consolas e PC, así coma regras especiais.
Donald Mustard, director creativo de Epic Games, confirmou a chegada deste Monopoly no seu Twitter hai apenas uns días. As regras novas que se aplicarán durante a partida imitarán o estilo de xogo do battle royale, engadindo elementos do mapa orixinal do Fortnite e skins. O obxectivo, como non podía ser outro, será o de ser o último en quedar en pe.
En vez de cartos teremos puntos de saúde, e en vez de comprar unha rúa de Madrid poderemos adquirir Pisos Picados. Ata a propia mortífera tormenta do videoxogo fará acto de presenza.
Thrilled to show you the final art and game board for Fortnite Monopoly! It’s so so fun and such a unique spin on the classic game mashed up with last player standing Fortnite. In stores Oct 1st!!! pic.twitter.com/aNqJmvfpb2
— Donald Mustard (@DonaldMustard) September 6, 2018