A Normandía de Mass Effect poderá ser desbloqueada en No Man’s Sky

O universo de No Man’s Sky segue medrando, malia que nesta ocasión, mais que medrar, establecerá lazos co de Mass Effect. A segunda Expedición do título de Hello Games —unha especie de evento especial que xunta a todos os xogadores nun mesmo planeta para cumprir misións— ten como recompensa a SSV Normandía SR-1, o mítico modelo de nave.
Non, non botes por fóra, non poderás pilotala. A Normandía será unha fragata especial que poderemos mandar polo universo dean busca de botíns. Como é habitual, a Expedición terá un tempo limitado, neste caso ata o 31 de maio, data límite para cumprir as misións que desbloquean o modelo especial de nave.
Tim Woodley de Hello Games explica na nota oficial que «estamos emocionados e sentímonos afagados de que BioWare e EA permitirannos homenaxealos desta maneira».