A nova actualización de Fortnite trae un cataclismo sobre rodas

Parece que dende hoxe os usuarios do xogo de Epic Games poderán queimar roda de mala maneira para logo lanzarse directos á batalla cun novo vehículo para dous pasaxeiros. O Quadtaclismo promete diversión e situacións absurdas a partes iguais.
O novo parche V.6.10 implantado hoxe trae consigo non só este novo trebello, senón que deixa diversos cambios e novidades.
A primeira, é a chegada do modo Competición. Nesta nova modalidade os xogadores poderán competir en diferentes torneos e eventos dende o propio xogo. Onte, xa se comentaba na Rede a aparición deste apartado debido a unha filtración interna.
Tanto para o modo Battle Royale coma no Salvar o mundo, engadíronse melloras no rendemento. Así se tes unha PS4 Pro conectada a un televisor 4k, agora gozarás do xogo a 1440p e non a 1080p. Da mesma maneira, en Xbox One melloráronse certos aspectos da memoria e algúns obxectos cosméticos recibiron optimizacións.
Se queres consultar todas as notas do parche podes facelo directamente aquí,na páxina oficial de Epic Games.
Unha pregunta que me ronda… Sacarán o single player gratuíto nalgún momento? Sábense cifras de vendas? Nunca vin a ninguén xogalo…
Entendo que falas do single player coma o Salvar o mundo, non?
Non hai moito algún rumor de facelo gratuito ouvín por aí.
Tendo en conta o mimo que lle dan en cada parche (non se plantexan abandonalo) debe haber máis xente con el da que podes imaxinar. Non hai outra explicación para o interese que Epic pon no Salvar o mundo cada semana.