A nova entrega de Darksiders vístese de Diablo
Semella que gardar un segredo na industria do videoxogo é difícil, sobre todo se se está por celebrar a feira máis importante do sector en Los Ángeles a falta duns días. Airship Syndicate quixo recoñecer as filtracións e veñen de anunciar Darksiders Genesis de xeito oficial para acalar as especulacións tras a súa aparición na tenda dixital de Amazon.
Guerra e Loita protagonizarán esta nova entrega da franquía, deixando atrás a numeración habitual e apostando por un novo estilo de xogabilidade, moito máis próxima a Diablo que aos seus capítulos xa pasados. Os dous protagonistas deberán plantar cara ás forzas do inferno e ao seu señor, Lucifer. Argumentalmente, Darksiders Genesis sitúase como unha precuela situada uns anos antes dos sucesos que vivimos no título orixinal de 2010.

O novo título cambiará radicalmente a posición da cámara respecto de entregas pasadas.
O título, segundo parece, lanzarase este mesmo ano 2019 en PC, PlayStation 4, Xbox One e Nintendo Switch. Tamén en Stadia, a plataforma de xogo na nube de Google.
«Desde o amencer da creación, O Concilio logrou manter o equilibrio ao longo e ancho da existencia. Baixo as súas ordes están os xinetes, que foron disciplinados con ese concilio mentres se lles garantise enorme poder», expón a descrición do xogo. «Con todo, este poder ten un custo tráxico, xa que os xinetes teñen que usar a súa forza para limpar ao resto da súa especie, xerando unha batalla sanguenta no Edén na que os xinetes, obedecendo ao Concilio, aniquilaron aos Nephilim».





[…] que sumarlle a este anuncio os de Darksiders Genesis e SpongeBob SquarePants: Battle for Bikini Bottom – […]