Actualidade A nova expansión de Warframe levará por título Angels of the Zariman

A nova expansión de Warframe levará por título Angels of the Zariman

Digital Extremes acaba de anunciar oficialmente a próxima expansión de Warframe. Leva por nome Angels of the Zariman, mais aínda non ten data de lanzamento. Cando sairá? Din os seus responsábeis que «pronto».

O estudio canadense comenta que coa actualización 31.5 chegará unha nova historia, un par de novos modos de xogo e algún que outro detalle que explicarán nas vindeiras semanas. Porén, antes desta expansión será publicada a actualización 31.1, titulada Echoes of War.

Warframe, está dispoñible en PlayStation 5, Xbox Series X/S, PlayStation 4, Xbox One, Nintendo Switch e PC, e xa van case dez anos desde o seu lanzamento. É un dos F2P máis exitosos do mundo, con máis de cincuenta millóns de contas rexistradas, amais de ser un dos títulos máis xogados en Steam.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.