A Planta Piraña pode corromper a túa partida de Super Smash Bros. Ultimate
A aterraxe da Planta Piraña en Super Smash Bros. Ultimate debía ser motivo de alegría, pero non foi así para todo o mundo. Algúns xogadores informaron a través das súas redes sociais que ao sumar este novo loitador ao modo All-Star os seus arquivos de gardado foron corrompidos. Vaia, que podes chegar a perder o resto de combatentes desbloqueados, espíritos, cancións…
Polo momento non houbo un comunicado oficial por parte de Nintendo que explique ou comente a existencia deste bug, pero en Twitter non é difícil atopar usuarios que comentan o erro. En teoría, no modo clásico, si se podería utilizar a Planta Piraña sen maiores problemas.
#SmashBrosUltimate #SmashBros resulta que planta piraña causa un bug en el juego como sucedía con Mewtwo en el anterior juego
— ???Rainy?Gami?️ (@GamerRayni) January 30, 2019
There have been multiple reports of Pirahna Plant corrupting save files of those who use him in All-Star mode. Please be wary of this while playing the game! pic.twitter.com/Ywhod1sn2d
— Super Smash Bros Ultimate News (@SSBUNews) January 30, 2019
Máis cambios tralo parche 2.0
A nova actualización de Super Smash Bros. Ultimate veu cun bo número de novidades. Dende a súa implantación pódese xogar no taboleiro de espíritos con até catro xogadores en modo sen conexión, claro que se un aliado é eliminado, todo o equipo perde automaticamente.
No modo en liña revisouse o cálculo do poder Smash a nivel mundial, mentres que se integraron novos espíritos: Pikachu e Eevee de Pokemon Let’s GO (até agora debías ter o nomeado título como tal), Dice Block, Golden Mushroom e River Survival.