A popular plataforma dixital Machinima bota o peche

A popular plataforma dixital Machinima bota o peche

É, ou foi, unha das redes de distribución de contidos de entretemento e videoxogos máis coñecidas do mundo. Otter Media, o seu actual propietario, confirmou que Machinima deixará de existir.

O peche desta network sáldase cun total de oitenta e un despedimentos, algúns dos cales poderán incorporarse á propia Otter Media. Non todos correrán esa sorte. A plataforma naceu hai 19 anos como un espazo para todos aqueles que gozasen de crear o seu propio contido e viviu o un enorme momento de riqueza e expansión xunto con YouTube, hai uns dez anos. Logrou incorporar ás súas filas a algúns dos creadores máis exitosos, e participou na produción de diferentes series e vídeos virais de gran éxito como Street Fighter: Resurrection.

Marzo como data límite

“Russell Aarons queda ao cargo de Machinima para asistir nas actuais operacións de transición mentres explora novas oportunidades”, sinala un comunicado emitido por Otter Media no que tamén se fixa o 16 de marzo como o día no que os despedimentos faranse efectivos. Hai que lembrar que Otter Media eliminou recentemente todo o contido de Machinima de YouTube, sen previo aviso, movemento que agora adquire un significado de seu.

A nova non pasou inadvertida dentro da comunidade de creadores audiovisuais, e non poucos usuarios apuntaron nas redes sociais cara á propia empresa de Google como unha das responsables de provocar este tipo de situacións. Con todo, Alexelcapo, un dos creadores de contido máis seguidos de España, cargou directamente contra Machinima, indicando que “sempre foi un desastre”.

Captura de pantalla na que Alexelcapo comenta brevemente a súa visión e experiencia con Machinima.

Coa despedida se esta plataforma péchase un capítulo da historia moderna do audiovisual na Rede, ao ser unha das empresas que máis contribuíu a YouTube a posicionarse como un das canles máis grandes e chamativas para o consumo e o entretemento dixital.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados