A portada de Final Fanasy VII fixa o final da súa exclusividade en PS4

Square Enix tardou ben en confirmar, dalgún xeito oficial, que Final Fantasy VII Remake sairía noutras plataformas ademais de en PlayStation 4. Non era un segredo, tampouco un rumor; era un feito probado do que só se precisaba saber unha cousa: cando deixaría de ser exclusivo? A portada do título responde. A nova obra de Square Enix estará só na máquina de Sony ata o 3 de marzo do 2021.
Trataríase, por mor desta data, dunha exclusividade de 365 días. Un ano natural completo. Ora ben, e isto é algo que hai que remarcar; a fin deste contrato non significa que a revisión da afamada aventura de Cloud e compañía vaia a chegar a Xbox ou a PC. Eses son asuntos que a compañía doia do título terá que sentar a negociar con quen corresponda chegado o momento. Porén, o máis porbábel sería ver unha versión do xogo para ambas as dúas plataformas de xogo.

Portada oficial del nuevo título de Square Enix.