A revisión de Crash Team Racing xa quenta motores

A revisión de Crash Team Racing xa quenta motores

A súa aparición nos Game Awards co seu primeiro avance foi máis que celebrada. Facía demasiados anos que Crash Bandicoot non se subía a un kart, pero 20 anos despois, volverá virar a chave do aceso.

Comenza a conta atrás para un dos xogos máis agardados deste ano.

Crash Team Racing Nitro-Fueled vén de publicar diversos vídeos nos que amosa a súa xogabilidade e acción sobre o asfalto. Cor e velocidade danse a man nesta revisión da que xa se sabe que poderá ser gozada nun modo de pantalla dividida. Non sempre hai que tirar da internet para xogar en compañía.

Ten previsto o seu lanzamento o 21 de xuño para PlayStation 4, Xbox One e Nintendo Switch. Contará cos modos de xogo, personaxes, circuítos, armas e controis de sempre, pero aproveitará a súa resurrección para incluír novos karts, circuítos e características que non estaban no Crash Team Racing orixinal.

 

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados