A revisión de Final Fantasy VII xa ten data de lanzamento

Se durante o concerto de Kingdom Hearts aparecía Nomura para ofrecer a data do DLC de Kingdom Hearts 3, no concerto adicado a Final Fantasy VII tocou coñecer a día no que aterrará a tan agardada revisión de Cloud e compañía. O novo xogo chegará a comezos do 2020, o 3 de marzo.
Square Enix prometeu ofrecer máis detalles durante a conferencia de hoxe, programada para a madrugada do martes. Todo apunta a que poderemos ver un novo gameplay e diversas escenas descoñecidas até hoxe.
Despois dun proceso de creación complexo e con moitas dificultades, Final Fantasy VII Remake conseguiu embragar a marcha adecuada e apurar o combustible para chegar nesta xeración.