A saga Commandos contará cunha nova entrega da man de Claymore Game Studios

A saga Commandos contará cunha nova entrega da man de Claymore Game Studios

Un dos grandes clásicos de principios de século foi a saga Commandos, desenvolto naquel intre pola empresa española Pyre Studios. Agora, 14 anos despois da derradeira entrega, un novo título da franquía está en camiño, tal e como anunciou Kalypso Media Group. A editora adquiriu os dereitos da IP no ano 2018 e o seu obxectivo pasa por relanzar a obra cun novo estudio, Claymore Game Studios, dirixido por Jürgen Reußwig, un veterano que conta con máis de 25 anos de experiencia no sector.

Situado en Alemaña, o estudio traballa nun título do que por agora non sabemos nada. A saga tivo uns comezos baseados na táctica en tempo real no ano 1998 mentres que na súa última entrega, Commandos: Strike Force, achegouse notablemente ao xénero dos FPS, dominantes na época. Ignacio Pérez, fundador de Pyre Studios, aclarou que levaban un tempo buscando un colaborador para desenvolver a marca e que a confianza en Kalypso foi total, debido á súa enorme experiencia en reboots de xogos.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados