A Tempada 2 de Fall Guys fixa a súa estrea para a vindeira semana

A Tempada 2 de Fall Guys fixa a súa estrea para a vindeira semana

Mediatonic puxo data á Tempada de Fall Guys. A actualización chegará a semana que vén, máis concretamente, o 8 de outubro. A través das súas redes sociais, os responsábeis do fenómeno no que se converteu o título multixogador confirmaron a chegada de novas probas, retos e diversos cosméticos para celebrar o comezo da tempada.

Para que todos o mundo teña máis facilidades e posibilidades á hora de desbloquear os novos traxes temáticos, poderanse obter até un total de 18 coroas soamente subindo o nivel do personaxe, algo que conseguiremos xogando partidas e avanzando no maior número de roldas posibles sen necesidade de gañar no último nivel. Até o de agora, só podiamos obter coroas vencendo carreiras e tan só había tres dispoñíbeis no sistema de progreso e recompensas.

Doutra banda, a compañía responsable do xogo tamén anunciou que durante estes días dobraranse os puntos de experiencia para dar a benvida ao novo contido. Bulide a aproveitade!

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados