A tempada 3.5 de Fall Guys incluirá unha proba nova e actualizacións varias

A tempada 3.5 de Fall Guys incluirá unha proba nova e actualizacións varias

Aínda co inverno enrriba, a Tempada 3 de Fall Guys continúa o seu curso. Porén, o equipo de Mediatonic segue traballando no seu éxito do 2020, e xa está a preparar unha nova actualización que funcionará a modo de expansión da actual.

Ás sete probas que se implementaron na tempada, sumarase outra a estrear, malia que non se ofreceu ningún detalle sobre ela. Doutra banda, serán introducidas máis de 40 actualizacións para os niveis existentes, coa idea de seguir xerando sorpresas e desafíos.

É de esperar que tamén chegue un novo DLC con cosméticos exclusivos, se ben é certo que antes regresarán os disfraces especiais de Godzilla, Sonic e o ganso de  Untitled Goose Game.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados