Actualidade A terceira edición do CO(M)XÉNERO pon o foco na industria do videoxogo

A terceira edición do CO(M)XÉNERO pon o foco na industria do videoxogo

A terceira edición do CO(M)XÉNERO, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC, pon o foco na contorna dos videoxogos para observar as desigualdades e estereotipos de xénero existentes na construción de narrativas, no desenvolvemento profesional das mulleres como xogadoras, comentaristas, formadoras, creadoras e programadoras, e a súa transcendencia social. Ao tempo, aborda e analiza os escenarios de violencia recorrentes neste contexto para procurar ferramentas comunicacionais e educativas coas que comezar a mudar o espazo de xogo.

O seminario está dirixido a estudantes de comunicación, investigadoras e investigadores, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar, dende unha lectura crítica, os medios e as industrias culturais e creativas. O prazo de inscrición estárá aberto até o 15 de novembro. É de balde.

Podes consultar o extenso programa aquí mesmo. Contarase coa presenza de Margarita Ledo Andión, Marta Pérez Pereiro, Nieves R. Brisaboa, Dhaunae De Vir, Beatriz Legerón Lago, Olaia Ferrando, Luz Castro Pena, Minia «Samku» Monteagudo, Javier «Gamer Vidal» Martínez, Marina Amores e María Fernández Hermida.

Cartel do evento.

 

 

Redaccion
Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *