A terceira tempada de Stranger Things tamén se estrea en Fortnite

A terceira tempada de Stranger Things tamén se estrea en Fortnite

Así é, a terceira tempada de Stranger Things xa está aquí. A serie converteuse nun fenómeno de masas despois da súa aparición na popular plataforma de streaming Netflix e narra as aventuras dun grupo de nenos (agora adolescentes) cun forte e marcado homenaxe a esas películas de ciencia ficción e misterios dos anos 80. Unha oda á cultura pop. Fortnite non é un ente alleo a este tipo de producións, e tras deixarse querer por Avengers e John Wick, agora terá un evento de seu adicado a esta serie.

Polo momento, os portais só serven como un transporte instantáneo dentro do edificio.

Ao longo das últimas horas apareceron portais polos arredores do Centro Comercial Colosal, aínda que de momento non levan a esa dimensión coñecida como o mundo do revés —ou the upside down na versión orixinal—, senón tan só a distintas zonas do propio edificio. Curiosamente, unha das tendas deste lugar, a xeadería Scoops Ahoy, é onde traballa o personaxe Steve Harrington, interpretado por Joe Keery, na terceira tempada.

Segundo as filtracións das últimas horas, estes portais funcionarían como un aviso da inclusión dalgún tipo de evento máis grande e especial, que contaría con cosméticos e skins oficiais da propia produción de Netflix. Algúns usuarios colgaron en Twitter os seus posibles aspectos. A verdade que sería xenial poder manexar ao shériff Jim Hopper.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados