A tradución ao castelán de Disco Elysium xa está dispoñíbel en Steam, GOG e EGS
Nomeado como posíbel xogo do ano nos Game Awards, Disco Elysium colocouse como un dos títulos máis importantes do ano pasado. Por desgraza, a súa inexistente localización ao castelán supoñía unha barreira para a comunidade castelanfalante; asunto solucionado hai escasas horas, após ser publicada a tradución oficial do RPG.
O novo idioma está dispoñíbel en PC para as tres plataformas: Steam, GOG e Epic Games Store. Para activala só é preciso actualizar o xogo, ou deixar que se actualice de forma automática, de termos activa esta opción. Unha vez rematado o proceso, só quedará acceder aos axustes do xogo e seleccionar a nova lingua.
¡Disponible Disco Elysium en español, en Steam, GOG y EPIC GAMES STORE! ¡Compradlo ya, insensatos! pic.twitter.com/rKwsZmVtcW
— Disco Elysium – Traducción Oficial Español (@DogenTM) August 27, 2020
A adaptación está a recibir críticas moi positivas, algo realmente valioso tendo en cuenta que este RPG policíaco está cheo de diálogo complexos e un protagonista único á hora de expresarse. Paga a pena lembrar que comezou como un proxecto fan grazas a Clan DLAN, pero o estudio responsábel da obra decidiu ofrecer os recursos necesarios para oficializala.