Actualidade A última evolución Pokémon é xogalo nun avatar de Twitter

A última evolución Pokémon é xogalo nun avatar de Twitter

Non sempre sucede, pero cando unha idea xenial aparece e acaba poser unha realidade é de encomiar. No ano 2014 vimos o triunfo entre a comunidade de Twitch Plays Pokémon, fenómeno histórico dentro do medio que arrastrou a miles de usuarios a tentar superar os xogos orixinais da franquía. Asemade. Mandando os seus comandos.

De novo, a uniónq quere ser forza. Ou  caos. Constantin Liétard, un usuario de Twitter, decidiu recuperar a base da idea orixinal de Twitch Plays Pokémon para aplicala dun xeito diferente. Liétard convida á xente da rede social do paxaro azul a enviar un movemento en cada resposta, para ser logo procesada e transformada na súa foto de perfil.

Hai un atraso duns 15 segundos entre a publicación da orde máis votada e o reflexo na imaxe. Ademais, tamén podes entrar no servidor de Discord que se habilitou para unha mellor coordinación entre os xogadores. En Twitch Plays Pokémon foron completadas todas as xeracións da saga. Volveremos repetir tal fazaña?

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.