Actualidade A versión de PC de Monster Hunter Rise terá todo o contido extra da versión de Switch

A versión de PC de Monster Hunter Rise terá todo o contido extra da versión de Switch

Capcom anunciou a través dunha publicación en Steam que a versión de PC de Monster Hunter Rise contará desde o primeiro día do seu lanzamento con todo o contido adicional chegado após o lanzamento inicial en Nintendo Switch.

Desde a súa saída, Monster Hunter Rise mantivo un fluxo constante de novo contido, totalmente gratuíto ademais, que engadiu desde novos inimigos, Apex, armaduras e armas, e mesmo crossovers con outras franquías. A versión de PC que estará de lanzamento no xogo de Capcom engadirá todo o incluído ata a versión 3.6.1 de Switch, e o estudio ten pensado sincronizar ambas as dúas versións en febreiro do 2022 —en principio, a versión de PC sairá á venda en xaneiro—.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.