Actualidade A volta de Medievil será na forma dun remake completo

A volta de Medievil será na forma dun remake completo

Tras varios meses sen novidades do que ía ser a volta de Sir Daniel Fortesque, con algún troleo polo medio da man de Sony España, confirmouse por fin que o traballo en mans do estudio Other Ocean Interactive será un remake completo. O 31 de outubro presentarase un adianto do xogo.

Layden cumpre desta maneira a súa promesa de amosar novos datos deste futuro título. O executivo da compañía xaponesa comenta que tomarán o deseño orixinal do xogo, a súa esencia, para crear unha adaptación completa aos tempos que corren.

Nas súas declaracións, Layden chega a confirmar que están traballando con parte do equipo orixinal que hai vinte anos deu forma a Medievil, para evitar cambiar as intencións dos creadores deste mundo de fantasía e épica macabra.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *