A Xunta promove o seu primeiro Torneo Autonómico de League of Legends

A Xunta promove o seu primeiro Torneo Autonómico de League of Legends

A Xunta de Galicia quere que os videoxogos tamén formen parte da súa oferta de lecer e formación. O ente autonómico, a través de Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, vén de anunciar a organización do primeiro Torneo Autonómico de League of Legends.

A iniciativa foi presentada esta última fin de semana no Espazo Xove de Noia, contando con representantes da Asociación Xuvenil A Grotta, que xestionarán o programa. Trátase dun proxecto inédito en Galicia, e que percorrerá os 12 Espazos Xoves xestionados pola mesma Xunta, co obxectivo de favorecer a participación das diferentes zonas xeográficas galegas.

Calendario do torneo

Espazo Xove Data da competición
Lalín 4 de outubro. De 16 a 21 horas
Noia  5 de outubro. De 10 a 15 horas.
Vilalba 18 de outubro. De 16 a 21 horas
Vilagarcía 19 de outubro. De 10 a 15 horas
Pontedeume 8 de novembro. De 16 a 21 horas
Chantada 9 de novembro. De 10 a 15 horas
Viveiro 15 de novembro. De 16 a 21 horas
Betanzos 16 de novembro. De 10 a 15 horas
Ourense 22 de novembro . De 16 a 21 horas
Carballo 23 de novembro. De 10 a 15 horas
Tui 29 de novembro. De 16 a 21 horas
Curtis 30 de novembro. De 10 a 15 horas
Final 2 días en decembro por determinar

Antes do inicio de cada unha das competicións, organizarase unha sesión formativa centrada no coñecemento e o uso responsábel dos videoxogos. O número de equipos dependerá da poboación do concello de cada Espazo Xove. Así, nos municipios con máis habitantes poderán participar até un máximo de catro equipos, mentres que nos de menos habitantes so poderán competir un máximo de dous. Cada conxunto estará integrado por cinco xogadores —malia que tamén haberá cinco suplentes—. Un deles actuará de capitán.

Para a inscrición é preciso ter entre 18 e 30 anos. Si, xa está aberta e ten un número limitado de prazas: 32.

Cada membro do conxunto gañador será obsequiado cunha tarxeta de Riot Points —valorada en 100 euros—. Os xogadores do equipo que finalice en segunda posición recibirán material de promoción da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados