Actualidade Abel Caballero e as luces de Vigo xa teñen o seu videoxogo

Abel Caballero e as luces de Vigo xa teñen o seu videoxogo

Non é mal día para lembrar que a empresa viguesa Hacce, especializada en deseño dixital e interacción, vén de publicar un xogo colaborativo que colle como base un dos asuntos máis comentados do Nadal galego: as luces de Vigo. A aplicación permite ao xogador ser Abel Caballero e acometer a tarefa de acender as famosas luces. O reto? Prender os 100 millóns de LED. O nome do xogo non podía ser outro que JingABELs (Ilumina como puedas).

O título está dispoñíbel en calquera navegador, de balde. Segundo parece, os responsábeis do seu desenvolvemento comentan que o obxectivo da súa creación non é outro que felicitar con algo de humor estas festas, amais de propoñer unha aventura colaborativa e participativa. Na práctica, trátase dunha xogabilidade moi sinxela, na que abonda con facer clic nas luces de cada monumento.

Conseguirán os vigueses acender todas as luces?

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.